Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.722

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (533/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber: que nos autos número 533/2001 seguidos por instancia de Javier Goyos Corbelle contra

Gabriel Arias Fernández e outros, sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 18-1-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Javier Goyos Corbelle, contra a empresa Gabriel Arias Fernández, debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 343.027 pesetas (2.061,63 euros), coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Gabriel Arias Fernández, que tivo o seu último enderezo coñecido en rúa Agra da Bragua, 46, baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 21 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA