Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.721

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (4/2001).

Carmen Iglesias Fungueiro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número cinco dos da Coruña,

Certifico: que nos autos de xuízo de desafiuzamento nº 4/2001 recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia:

Na cidade da Coruña, nove de marzo de dous mil un.

Vistos por min, José Vicente López Balseiro, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número cinco dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de desafiuzamento, seguidos co nº 4/2001, por instancia de Tomás Pardo Santiago, representado polo procurador López Valcárcel, contra Concepción Somoza González, en estado procesual de rebeldía, versando a litis sobre resolución de contrato de arrendamento, por non pagamento de rendas ou cantidades asimiladas.

Dictamino: que, debendo estimar e estimando integramente a demanda presentada polo procurador López Valcárcel, en nome e representación de Tomás Pardo Santiago, contra Concepción Somoza González, declaro resolto o contrato de arrendamento do piso terceiro esquerda da casa nº 163 da rúa Orzán desta cidade, e condeno a parte demandada a deixa-lo mencionado inmoble libre e á disposición do demandante dentro do prazo legal oportuno, apercibíndoa de lanzamento en caso de non verificalo; e todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que haberá de prepararse, no prazo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito redactado na forma disposta polo artigo 457 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil e que deberá presentarse ante este xulgado advertíndolle á parte demandada que, conforme o establecido no artigo 449.1º da citada Lei tributaria, en ningún caso se lle admitirán ó demandado os recursos de apelación, extraordinario por infracción procesual ou casación, se, ó preparalos, non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que de acordo co contrato deba pagar adiantadas.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos civís, e lévese esta sentencia ó libro cartafol de sentencias deste xulgado e testemuño desta ós autos principais.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación a Concepción Somoza González, expido e asino este edicto na Coruña, vinteseis de outubro de dous mil un.

Rubricado