Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.686

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de abril de 2002 pola que se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Santiago de Compostela.

O Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), en sesión do Pleno que tivo lugar o día 31 de xaneiro de 2002, adoptou o acordo relativo á creación e clasificación do posto de colaboración de vicesecretario/a de clase primeira, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de secretaría.

O artigo 2 g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os postos de colaboración poden ser creados discrecionalmente polas corporacións locais e serán clasificados por proposta daquelas administracións polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Por todo iso, en aplicación do establecido nos artigos 2 g) e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÒN:

Clasifica-lo posto de colaboración de vicesecretario/a de clase primeira do Concello de Santiago de

Compostela (A Coruña), reservándose a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional pertencentes á subescala de secretaría, categoría superior.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar, directamente, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública