O Pleno deste Concello, en sesión que tivo lugar o 7 de marzo de 2002 acordou, co quórum da maioría absoluta do número legal dos seus membros, e ó abeiro do artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia:
Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOU na zona do centro de saúde, promovida por este concello e redactada por Alfonso Botana Castelo.
Segundo.-Publica-lo acordo de aprobación no BOP e no DOG e, así mesmo, publicar no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.
Terceiro.-Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.
Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación.
Silleda, 11 de marzo de 2002.
José Fernández Viéitez
Alcalde-presidente