Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión que tivo lugar o 7 de marzo de 2002 acordou, co quórum da maioría absoluta do número legal dos seus membros, e ó abeiro do artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial Área 33 en Trasfontao, promovida por este concello e redactada por Alfonso Botana Castelo e Ana Bértalo Pérez.

Segundo.-Publica-lo acordo de aprobación no BOP e no DOG e, así mesmo, publicar no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Terceiro.-Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Silleda, 11 de marzo de 2002.

José Fernández Viéitez

Alcalde-presidente