Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión do 14 de marzo de 2002, acordou a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Xove, elaborado por Idasa, de conformidade co disposto o artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, seguindo a restante tramitación, segundo o disposto nos artigos 42 e 43 da devandita norma, e a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento, nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, conforme o propio plan xeral.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e durante o prazo citado os interesados poderán consulta-lo expediente no concello, e formular por escrito as alegacións e suxestións que xulguen oportunas.

Xove, 20 de marzo de 2002.

Jesús López González

Alcalde