Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 11 de marzo de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de camiño As Cachadas e rúa nova apertura no lugar de Campelo da parroquia de San Xoán, redactado polo arquitecto Raúl J. Veiga Lamelas e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na data do 10 de xaneiro de 2002, e promovido pola sociedade Suaribeira, S.L.

Contra este acordo pódese, directamente no prazo dun mes desde a notificación, interpoñe-lo recurso de reposición ante esta alcaldía, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 52.1º da 7/1985, de dous de abril, reguladora das bases de réxime local. Este recurso deberá resolverse no prazo dun mes desde a formulación do recurso de reposición e, pasado este mes, entenderase desestimado; e contra a desestimación por silencio pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de seis meses, de conformidade cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e se o recurso de reposición se resolve expresamente, o prazo para interpoñer

recurso contencioso-administrativo será de dous meses conforme o artigo 46 da Lei 29/1998 ante o mesmo xulgado.

Poio, 15 de marzo de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde