Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 9 de marzo de 2002, acordou a relación definitiva de bens afectados pola expropiación, necesarios para a execución do proxecto de ampliación de servicios básicos ás estradas e ó barrio da Ribeira.

Ben afectado pola expropiación:

Nº predio: 1.

Nome: O Lagarciño.

Propietario: herdeiros de Dolores Fernández López.

Clase de solo: solo urbano.

Lindeiros:

Norte: Antonio Díaz e herdeiros de María Fernández, hoxe Ramón Domínguez.

Sur: camiño público que vai a San Xulián de Abaixo.

Leste: condesa de Torrepenela e Juan Fernández Regueiro, hoxe Julia Fernández.

Oeste: viña e labradío dos herdeiros de Gabriel Campo e de Antonio Díaz.

Superficie do predio: 8.906 m.

Superficie afectada pola expropiación: 422,5 m.

Referencia catastral:

Polígono: 73, parcela: 563.

Polígono: 39, parcela: 270.

O que se fai público en cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, 56 do Regulamento de expropiación e a Orde do 7 de decembro de 1983.

Quiroga, 18 de marzo de 2002.

Julio Álvarez Núñez

Alcalde