Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

No BOP nº 40, do 26 de febreiro de 2002, procedeuse á publicación das bases de selección de persoal laboral, correspondente á oferta de emprego público do ano 2001, para as seguintes prazas:

-Unha praza de oficial de 2ª, mediante contrato laboral de duración indefinida, para a brigada de obras e servicios, polo sistema de concurso-oposición libre.

Por este anuncio convócanse probas selectivas para a cobertura da praza anteriormente descrita, significando que o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Mos, 7 de marzo de 2002.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde