Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/141-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Telefónica Servicios Móviles, S.A.

Domicilio social: pl. Independencia, nº 6, 28000 Madrid.

Denominación: L.M.T. e C.T. para torre telecomunicación.

Situación: Vilardevós.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 30 m de lonxitude, derivada desde a L.M.T. de Unión Fenosa, S.A. Vilardevós-Riós e remata no C.T. proxectado aéreo con 25 kVA, R/T 20.000/380-220 V preto do p.k. 12,150 da estrada Vilardevós-Riós.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de decembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense