Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da instalación do parque eólico de Vieiro. (Expediente IN661A 01/9-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproeveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do par

que eólico de Vieiro, coas seguintes características básicas:

Denominación: parque eólico de Vieiro.

Solicitante: Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A.

Enderezo: rúa Sáenz Díez, nº 43-entrechán, 32003 Ourense.

Situación: terreos situados nos concellos de Bande, Celanova e Verea (Ourense).

Delimitación, superficie e potencia:

As coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantación son:

PuntoUTM XUTM Y

1581.7224.675.562

2581.3104.658.756

3580.7494.659.568

4580.7054.659.969

5580.7954.660.359

6580.5454.661.851

7579.9554.661.740

8580.2044.660.260

9580.1014.659.966

10580.1704.659.351

11580.7694.658.483

12581.1534.657.370

13580.3244.654.631

14580.1084.655.311

15580.8464.655.627

16580.4694.656.409

17579.5924.656.151

18579.3114.656.507

19579.2594.656.730

20577.9014.659.214

21577.3904.658.900

22578.7204.656.469

23578.7944.656.194

24579.4704.655.337

25579.7574.654.436

Superficie: 658,88 ha.

O parque eólico disporá dun conxunto de 33 aeroxeradores de 1.500 kW de potencia unitaria, o que suma unha potencia bruta total de 49,5 mW.

Alegacións; solicitudes en competencia:

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, as que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 18 de setembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense