Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.484

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades TVG, S.A. e RTG, S.A., fan solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de contratación:

Obxecto: servicio de integración telefónica (exp.: 20351C).

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das ofertas de contratación será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados, en datas e horas de oficina (das 8 ás 14 horas), no Servicio de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades (teléfono: 981 54 08 55), sito no Centro Emisor de San Marcos, Santiago de Compostela, ou solicitados no enderezo de correo electrónico: sercom*crtvg.es.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente económico-administrativo da

Compañía de Radio-Televisión de Galicia