Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.484

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A.

ANUNCIO.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. de acordo co establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, anuncia a convocatoria de selección de persoal de cadro para os seguintes postos.

1. Obxecto.

Convócanse as probas selectivas para cubri-las prazas dun oficial administrativo contabilidade, un técnico de comunicación, un xefe de persoal e un técnico de calidade e I+D, para a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

2. Requisitos dos solicitantes.

Poden participar no proceso de selección aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos mínimos que deberán acreditar:

Oficial administrativo contabilidade (ref. OAC, apdo. 15, 15680 Ordes, A Coruña).

Titulación: FPII contabilidade.

Experiencia: experiencia mínima de 3 anos en posto similar.

Técnico de comunicación (ref. TC, apdo. 28, 15680 Ordes, A Coruña).

Titulación: licenciado universitario.

Experiencia: experiencia mínima de 3 anos en posto similar.

Xefe de persoal (ref. XP, apdo. 24, 15680 Ordes, A Coruña).

Titulación: graduado social/relacións laborais.

Experiencia: experiencia mínima de 3 anos en posto similar.

Técnico de calidade e I+D (ref. TCID, apdo. 13, 15680 Ordes, A Coruña).

Titulación: licenciado universitario.

Experiencia: experiencia mínima de 2 anos en posto similar.

2.2. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos emitidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

Os interesados que cumpran os requisitos mínimos establecidos anteriormente, que desexen formar parte destas probas selectivas, deberán recolle-las bases da convocatoria para o posto ó que se opte en Copy Nino; rúa Xeneral Pardiñas nº 2, Santiago de Compostela.

A presentación das solicitudes farase no modelo incluído nas bases da convocatoria e o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Inicio das probas.

En ningún caso se realizarán antes dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG conforme o artigo 4 da Lei 10/1996.

Luis Mingo Reiz

Presidente da Sociedade Galega do Medio

Ambiente, S.A.