Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.482

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUDITORIO DE GALICIA

ANUNCIO do prego de condicións particulares do concurso (procedemento aberto) para a explotación da cafetería-restaurante do Auditorio de Galicia, Pazo da Ópera, Exposicións e Congresos.

1. Obxecto do contrato.

Explotación do servicio de cafetería-restaurante do Auditorio de Galicia.

2. Tipo de licitación.

O canon mínimo que deberá satisface-lo licitador polos servicios obxecto do concurso é de 10.500 euros anuais máis o 16% de IVE. O canon que resulte da adxudicación actualizarase anualmente de acordo coa variación do IPC a partir do primeiro ano da prestación do servicio.

O canon que resulte farase efectivo, logo de presentación de facturas, por semestres anticipados do 50% do canon máis o 16% de IVE, que deberá aboarse dentro dos 10 primeiros días dos semestres correspondentes.

3. Prazo de execución do contrato.

O prazo de execución é de cinco anos, contados a partir do día 2 de xaneiro de 2003. O contrato poderase prorrogar anualmente sen que a duración total exceda de 8 anos.

Para tomar parte no presente concurso, os licitadores acreditarán ter constituído un depósito provisorio pola cantidade de 1.000 euros, que deberá ser efectuado na Tesourería do Auditorio de Galicia, dentro dun prazo de 15 días hábiles contados a partir da notificación da adxudicación do contrato.

4. Criterios de adxudicación.

Na valoración das diversas propostas, terase en conta:

-Calidade da oferta en función do servicio que se vai prestar: ata 10 puntos.

-Mellor oferta económica: ata 9 puntos.

-Maior experiencia en actividades de hostalería: ata 8 puntos.

-Melloras relativas ó mobiliario e ás instalacións: ata 7 puntos.

5. Proposicións.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral do Auditorio de Galicia, en man, de 10 a 14 horas, no prazo de 15 días naturais que comezará a contar e entenderase aberto desde o día seguinte á data da última das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

As proposicións constarán de tres sobres pechados denominados A, B e C, e en cada un farase consta-la identificación no sobre, o nome do licitador e a inscrición «Prestación do servicio de cafetería-restaurante do Auditorio de Galicia».

O contido de cada un dos sobres deberá se-lo seguinte:

-Sobre A.

a) Documento acreditativo da capacidade das empresas.

Fotocopia do NIF, pasaporte ou escritura de constitución ou modificación, de se-lo caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fora esixible conforme a lexislación mercantil que lle sexa aplicable.

Fotocopia da tarxeta de código de identificación fiscal (CIF), debidamente compulsada.

b) Declaración expresa de que a empresa interesada non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 20 do TRLCAP.

c) Certificación ou recibo acreditativo do pagamento do imposto de actividades económicas correspondente á actividade sobre a que se ofrece.

d) Certificación ou documento acreditativo de que o contratista se atopa ó día no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social.

e) Documento de clasificación empresarial.

f) Certificación expedida pola tesourería municipal de non ter débedas pendentes co Concello de Santiago de Compostela.

g) Acreditación de solvencia económica e financeira e solvencia técnica.

h) Copia do informe do Rexistro de Documentación de Empresas Contratistas do Concello de Santiago de Compostela ou da Deputación Provincial da Coruña ou número de inscrición no rexistro destes.

-Sobre B, subtitulado «Referencias técnicas». Coa documentación acreditativa dos distintos puntos incluídos no epígrafe criterios de adxudicación.

-Sobre C, subtitulado «Oferta económica». Coa proposición económica formulada.

6. Apertura de plicas.

A apertura de plicas terá lugar no Auditorio de Galicia ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións. A mesa de contratación estará integrada polo presidente do consello directivo do Auditorio de Galicia ou persoa na que delegue como presidente, de dous membros do consello directivo, o secretario, o interventor e o director-xerente.

7. Adxudicación do concurso.

Efectuada a apertura das proposicións, a mesa de contratación, á vista da proposta emitida pola mesa de contratación, terá a facultade de adxudica-lo contrato á proposición máis vantaxosa con suxeición ós criterios establecidos no punto 9. O adxudicatario deberá, no prazo de 15 días a partir da adxudicación, depositar unha fianza equivalente a 2 meses do canon na Tesourería do Auditorio de Galicia.

8. Exposición pública.

Simultaneamente ó de licitación, exponse ó público no Auditorio de Galicia o prego de condicións particulares do concurso (procedemento aberto) para a explotación da cafetería-restaurante do Auditorio de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2002.

Silvia Modia Ferreiro

Directora-xerente do Auditorio

de Galicia en funcións

ANEXO

Modelo de proposición

Don/Dona..., con domicilio en..., e DNI número..., actuando en nome propio ou en representación de..., con domicilio en..., toma parte no concurso convocado polo Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, para a prestación do servicio de cafetería-restaurante no Auditorio de Galicia, e fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas administrativas e técnicas, que se compromete a realizar este traballo de acordo co devandito prego polo prezo de... euros, IVE incluído.

..., ... de... de 2002.

O licitador

Asdo.