Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.482

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO de citación para notificación por comparecencia (referencia 02.2.1.11.001).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria, fai saber:

Que, ó non ser posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e intentadas estas de conformidade co establecido

no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse os especificados na mencionada relación para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Unidade de Recadación para Débedas de Menor Contía da Dependencia Provincial de Recadación da AEAT en Barcelona, situada no Passeig de Josep Carner, 33, planta baixa, de Barcelona, para seren notificados regulamentariamente.

En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Barcelona, 18 de febreiro de 2002.

Pablo Gil Montoro

Xefe adxunto da Dependencia Provincial

de Recadación de Barcelona

Relación que se cita: 022111001.

Nome: Averías a Domicilio 24 h, S.L.

NIF: B62014378.

Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.

Referencia: C1100001150061210.

Unidade: Rec. Menor Contía.

Lugar de comparecencia: ps. Josep Carner, 33, planta baixa, Barcelona.