Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.481

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 5 de marzo de 2002, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.catro da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas

non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan no anexo, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo ou na delegación ou Administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírtese ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, se entenderá producida a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 5 de marzo de 2002.

José Manuel González-Lamuño Leguina

Xefe da Dependencia de Recadación de Oviedo

ANEXO

Suxeito pasivo: Fernández Álvarez, Benito (45429912-J).

Concepto/Obx. tributario: sanción.

Exp. 2000/LU-000103.

Acto que se notificará: providencia de constrinximento.

Suxeito pasivo: Turiel de Castro, Gerardo (35814558-Q).

Concepto/Obx. tributario: sanción.

Exp. 1995/146.100.

Acto que se notificará: providencia de constrinximento.