Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para consultoría e asistencia técnica para a campaña de sensibilización e información de RSU.

De conformidade co acordado pola Corporación Provincial, na sesión do 22 do actual, convócase concurso para consultoría e asistencia técnica para a campaña de sensibilización e información de residuos sólidos urbanos, con tipo de licitación de 126.195 euros, incluído o IVE.

Os pregos de condicións íntegros publícanse no BOP do día da data e seranlles facilitados gratuitamente a tódolos que o soliciten ó teléfono: 988 38 51 00 ou fax: 988 38 51 84.

A presentación de ofertas e documentación debe realizarse no rexistro xeral da deputación ata as 13 horas do día 31 de maio do ano actual. A apertura de ofertas realizarase o día 5 de xuño, ás 13 horas, no Pazo Provincial. No caso de recibirse anuncio de ofertas por correo, sen que a documentación teña entrada antes do día 5 de xuño, o acto de apertura tería lugar o día 13 do mesmo mes, ás 13 horas.

Garantías: provisional do 2% do tipo de licitación; definitiva do 4% do importe da adxudicación.

Ourense, 25 de marzo de 2002.

O presidente

Rubricado