Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración e instalación de hardware, software e ferramentas e servicios de implantación do Centro de Atención a Usuarios no Servicio de Informática da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 02/820 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración e instalación de hardware, software e ferramentas e servicios de implantación do Centro de Atención a Usuarios no Servicio de Informática da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: fase 1.-Un mes contado a partir da sinatura do contrato. Fase 2.-Catro meses contados a partir da finalización da fase 1.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 148.439 A.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional s/n-5º, 15003 A Coruña. Tel. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de abril de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña