Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, das obras de reforma e melloras nos circuítos de iluminación pública da zona rural do concello de Pontevedra, parroquias de Mourente, Salcedo, Campañó, Ponte Sampaio, Os Praceres, Alba e Tomeza.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto: a) Descrición: execución das obras do proxecto. b) Prazo: sesenta días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento da licitación: 25.545.212 pesetas, incluído IVE e todo xénero de gastos.

5. Clasificación do contratista: grupo i, subgrupo 9, categoría d.

6. Garantías: a) Provisional: 510.904 pesetas. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, no prazo de vinteséis (26) días naturais a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello (horario das 9 ás 13 horas).

9. Apertura das ofertas: o día seguinte hábil ó da terminación do prazo.

10. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Ampliación do número de circuítos que hai que reformar ou instalar novos: ata un 40%.

b) Melloras que hai que introducir no proxecto para conseguir un aforro enerxético para instalar polo adxudicatario e outras melloras ofertadas polo licitador: ata un 30%.

c) Mantemento da obra executada e prazo de garantía: ata un 10%.

d) Calidade dos materiais ofertados polo licitador: ata un 10%.

e) Reducción do prazo de execución: ata un 10%.

Pontevedra, 15 de abril de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado de Área