Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de rehabilitación da Casa das Campás, fase IV.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 270.455,45 euros, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d; grupo k, subgrupo 5, categoría b.

6. Garantías: a) Provisional: 5.409,10 euros. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do concello, praza de España, Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 988 80 43 00/86 01 02. Correo: www.contratacion*concellopontevedra.es. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello, en horario das 9 ás 13 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 15 de abril de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado de Área