Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002 pola que se publica a contratación da subministración de gasóleo C para a calefacción dos centros escolares de EXB, casa do concello e cemiterio de San Mauro, para a tempada invernal 2002-2003.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a) Subministración de gasóleo C para a calefacción dos centros escolares de EXB, casa do concello e cemiterio de San Mauro, para a tempada invernal 2002-2003 o á polícia local. b) Prazo de entrega: 24 horas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 62.780 euros, incluído todo xénero de gastos.

5. Garantías: a) Provisional: 1.255,6 euros. b) Definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación: cláusula 9ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello, en horario das 8 ás 13.30 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 15 de abril de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado de Área