Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinalan datas para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia- para a expropiación de bens e dereitos afectados polas obras do proxecto complementario número 1 de desdobramento do corredor CRG 1.1 de Catabois a Igrexafeita (treito I), clave: AC/98/146.1 C.1, termo municipal de Narón.

O artigo 28 do vixente Estatuto da autonomía de Galicia establece, no seu punto 2º, a competencia

da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 27 de decembro de 2001, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto complementario número 1 de desdobramento do corredor CRG 1.1 de Catabois a Igrexafeita (treito I), clave: AC/98/146.1 C.1.

Con data do 7 de marzo de 2002, a Xunta de Galicia acordou declara-la utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 91/2002, publicado no DOG número 63, con data do 2 de abril de 2002.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se se considera necesario.

Lugar: Local social de Sedes.

Data: 7 de maio de 2002.

Hora: das 10 ás 13.30 horas.

A relación de titulares, cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, figurarán expostos no taboleiro de anuncios do Concello de Narón e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña (plaza Luís Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o coidan oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública desta resolución durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña (plaza Luís Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña), as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de

corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 15 de abril de 2002.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe do servicio Provincial

de Estradas da Coruña