Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia denominado redacción do proxecto de ordenación do medio rural do concello de Teo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 02-02-ESUR.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto de ordenación do medio rural do concello de Teo (A Coruña).

b) Lugar de execución: Teo (A Coruña).

c) Prazo de execución: nove (9) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa e seis mil cento sesenta e dous (96.162) euros.

5. Garantías.

a) Provisional: esixirase unha fianza provisional de mil novecentos vintetrés euros con vintecatro céntimos (1.923,24).

b) Definitiva: a garantía definitiva será o 4% do importe de adxudicación, segundo o definido na letra I do cadro de características.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 43 82/54 43 71.

d) Telefax: 981 54 53 35/54 43 43.

e) Data límite de obtención de documentos e información: quince (15) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras (artigo 16.1º do texto refundido da LCAP).

b) A solvencia técnica e profesional acreditarase, de acordo co artigo 19 do texto refundido da LCAP, mediante a presentación dos seguintes documentos:

Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica, e experiencia profesional de cada un dos seus integrantes.

c) Clasificación: non se esixe.

d) Outros requisitos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: ata ó décimo quinto (15º) día contado a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

1ª Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

2ª Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes: ver epígrafe 1.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

a) En acto público, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Data: o décimo (10º) día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir daquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda