Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.462

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (237/2001).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario xudicial do Xulgado do Social número dos de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado na acta de xuízo do 13 de marzo de 2002 no procedemento arriba sinalado, seguido por instancia de José Antonio e Ramón Vicente Pérez Olveira contra Construcciones Técnicas Garrido, S.L. e ACS Proyectos, Obras y Construcciones, se cite a través do DOG a Construcciones Técnicas Garrido, S.L.,

co fin de que compareza o vindeiro día 29 de maio de 2002, ás 10 horas, na sala de audiencias deste xulgado, sita no piso primeiro do Pazo de Xustiza, sito na rúa Viena, s/n desta cidade, co obxecto de celebra-los actos de conciliación e xuízo acordados. Advírtese que:

a) Pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante designado mediante poder bastante, comparecencia ante este xulgado ou ante o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio.

b) O acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin por enfermidade destas nin dos seus representantes ou defensores, podendo estes substituí-la representación ou defensa consonte as leis.

c) Considerarase desasistido o demandante se non comparece.

d) Os litigantes ou quen os represente deberán acudir con tódolos medios de proba de que intenten valerse.

e) O demandado que intente valerse de avogado, graduado social ou procurador deberá poñelo en coñecemento deste xulgado por escrito dentro das 48 horas seguintes á citación.

Fáiselles saber que cabe interpor recurso de reposición contra a anterior resolución, no prazo de cinco días ante este mesmo xulgado.

E para que se publique no DOG e sirva de notificación, citación e requirimento a Construcciones Técnicas Garrido, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 16 de marzo de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA