Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.462

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (775/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, da fe es testemuño de que nos autos de xuízo número 775/2001, seguidos por instancia de Baltasar Díaz García contra a empresa José Antonio Álvarez Corral e a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre baixa REA por conta allea, se dictou a sentencia cun encabezamento e decisión que di:

Sentencia.

Na cidade de Lugo, 18 de marzo de 2002.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 775/2001, sobre baixa REA por conta allea, no que son partes, como demandante, Baltasar Díaz García, representado polo letrado Xermán Vázquez Díaz e, como parte demandada, a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS), representada pola letrada María José Castro Rebolo. Non compareceu a empresa (TXSS)José

Antonio Álvarez Corral, malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por Baltasar Díaz García contra a empresa José Antonio Álvarez Corral e a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS), debo deixar e deixo sen efecto as resolucións da TXSS con datas (rexistro de saída) do 18-1-2001 e 19-2-2001, debendo figura-lo demandante incluído no réxime xeral da Seguridade Social como traballador por conta e cargo da empresa José Antonio Álvarez Corral, polo período do 27 de xullo de 1999 o 25 de maio de 2001, condenando as codemandadas a estar e pasar pola precedente declaración, na responsabilidade que lles incumbe a cada unha.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, por conducto deste xulgado do social, perante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comprecencia ou por escrito, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.

A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa José Antonio Álvarez Corral, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

En Lugo o dezaoito de marzo de dous mil dous.

El secretario

Rubricado