Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.459

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002, do tribunal IV-B designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 5 (oficial 2ª cociña//cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Na sesión do día 4 de abril de 2002, o tribunal IV-B designado pola Orde do 10 de decembro de 2001 para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 5 (oficial 2ª cociña//cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta

de Galicia, convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, acordou:

1. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos nas probas selectivas para o acceso á categoría 5 (oficial 2ª cociña//cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV, se realizará o día 15 de maio de 2002, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 11.45 horas e o chamamento para a entrada dos aspirantes no lugar da súa realización iniciarase ás 11 horas.

2. Os aspirantes deberán acudir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de lapis do nº 2 e goma de borrar (base II.2.3).

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

Xavier Mª Lope de Toledo Manzano

Presidente do tribunal