Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.459

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 21 de febreiro de 2002 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías dos grupos III e V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou, resolución estimatoria de recurso de reposición contra Resolución do 21 de febreiro de 2002 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ó procesos selectivos da categoría 063 (oficial 1ª conductor/a e outros) do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta nas listas publicadas pola Resolución do 21 de febreiro de 2002, no sentido de que debe figurar na lista definitiva de admitidos o aspirante que se relaciona a continuación:

Grupo III - categoría 063 (oficial 1ª conductor/a e outros/as) - acceso libre.

DNIApelidos e nomeQuenda discapacitaciónGalego

33308664-HFernández Rielo, JulioNonNon

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública