Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos cambios na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30-7-2001, publicouse a acta de constitución e o regulamento de funcionamento da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

A secretaria da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia comunícalle a esta Dirección Xeral de Relacións Laborais as modificacións que houbo na composición dos membros da referida comisión paritaria territorial.

Así mesmo, e de acordo co establecido nos artigos 2 e 7 do citado regulamento, relativos respectivamente á modificación na composición dos membros da comisión e da rotación dos cargos, e, en virtude do disposto no artigo 83.3º en relación co 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, e de acordo co sinalado no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito e rexistro das modificacións que houbo na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Modificación na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia

Presidente: Eusebio Justo Santos (CC.OO.).

Secretaria: Rosa Corral Regueiro (CEG).

Vocais titulares:

Fausto Santamarina Fernández (CEG).

María José Fernández Robledo (CEG).

Ricardo Fernández Castro (CEG).

José Tomé Roca (UGT).

Serafín Otero Fernández (CIG).

Vocais suplentes:

Alberto Domínguez López (CEG).

Rolando Rodríguez López (CEG).

Rosa Arcos Caamaño (UGT).

Florentino García Solla (CC.OO.).

Xurxo Arias López (CIG).