Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.423

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 19 de abril de 2002 pola que se modifica a do 15 de marzo de 2002 pola que se nomean os membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia, convocado pola Orde do 12 de febreiro de 2002.

O Decreto 288/1994, do 30 de setembro (modificado no seu artigo 5 polo Decreto 286/1995, do 19 de outubro), polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia, dispón no seu artigo 4 (publicada corrección de erros no DOG nº 13, do 19, de xaneiro de 1995) a composición do xurado do premio mediante proposta das institucións citadas na devandita disposición.

Debido ó falecemento de Julio Antonio Fernández Argüelles nomeado como membro do xurado por Orde do 15 de marzo de 2002. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear vocal do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia a Ramón Otero Túñez, proposto pola Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, en substitución de Julio Antonio Fernández Argüelles.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo