Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.423

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 11 de marzo de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de industria, enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 55, do luns 18 de marzo de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 3.527, anexo V, no obxecto, no parágrafo 3, onde di: «A G.T.D.O. para substituír debe estar inscrita, antes do 8 de abril de 1977, no Rexistro de G.T.D.O. existente nas delegacións provinciais de Industria e ter sido instalada, polo menos, nunha ocasión, antes desa data (8 de abril de 1977)», debe dicir: «A G.T.D.O. para substituír debe estar inscrita, antes do 8 de abril de 1997, no Rexistro de G.T.D.O. existente nas delegacións provinciais de Industria e ter sido instalada, polo menos nunha ocasión, antes desa data (8 de abril de 1997)».

-Na páxina 3.529, anexo IX, no punto 6, onde di: «Exercer algunha das seguintes actividades artesanais tradicionais: tecidos en baixo lizo, producción de zocos e zocas, tonelería, sellería, guarnicionería, alfarería, forxa, latoería, caldeirería, cestería e labores de palla», debe dicir: «Exercer algunha das seguintes actividades artesanais tradicionais: tecidos en baixo lizo, producción de zocos e zocas, tonelería, sellería, albardería, olería, forxa, follalatería, caldeirería, cestería e labores de palla».

-Na páxina 3.522, no punto 12, onde di: «Axudas a asociacións de comerciantes sen fins de lucro para actuacións en rehabilitación urbanístico-comercial», debe dicir: «Axudas a asociacións de comerciantes sen fins de lucro para actuacións en revitalización urbanístico-comercial».

-Na páxina 3.522, no punto 13, onde di: «Axudas á modernización e mellora do pequeno comercio», debe dicir: «Axudas á renovación e mellora do pequeno comercio».

-Na páxina 3.532, onde di: «ANEXO XIII AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A MODERNIZACIÓN E MELLORA», debe dicir: «ANEXO XIII-AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN E MELLORA».

-Na páxina 3.532, anexo XIII, no punto 1 do obxecto, onde di: «os investimentos dirixidos á modernización e mellora do pequeno comercio», debe dicir: «os investimentos dirixidos á renovación e mellora do pequeno comercio».

-Na páxina 3.533, no anexo XIII, no epígrafe Requisitos dos beneficiarios, na letra b, na primeira liña do segundo parágrafo, onde di: «En todo caso quedarán exceptuadas deste programa de axudas as empresas...», debe dicir: «En todo caso quedarán exceptuados deste programa de axudas os comerciantes retallistas...».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO