Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Chantada Construcciones (expediente DP-25/1998).

A Delegación Provincial de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 25/98, seguidas en virtude de denuncia formulada por Urbano Teixeira Fernández contra a promotora inmobiliaria Chantada Construcciones, finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na vivenda 4º A do número 1 da rúa Covas de Monforte de Lemos.

As obras de reparación son as necesarias para amaña-las deficiencias observadas consistentes en: no salón, a pintura das paredes próximas ás ventás despréndese por unha reparación defectuosa.

A tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión do proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 21 de febreiro de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo