Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de execución da resolución do expediente sancionador 46/2000 a Jesús Martínez Ares e Antonio Fernández Rodríguez, devoltas polo servicio de correos.

A Delegación Provincial de Lugo tramitou expediente sancionador 46/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por Antonio Fernández Rodríguez, contra a promotora inmobiliaria Jesús Martínez Ares, finalizando este trámite con acordo de execución de resolución recaída no expediente sancionador de referencia.

O citado acordo é do seguinte teor:

Tendo adquirido estado de firmeza a resolución dictada no expediente sancionador 46/2000, seguido por instancia da comunidade de propietarios da casa nº 170 da rúa 18 de Xullo desta cidade de Lugo, requíreselle para que lle dea cumprimento, no prazo de 20 días, facendo ingreso da multa imposta de 500.001 pesetas, así como para efectua-las reparacións no inmoble citado por deficiencias denunciadas e comprobadas por esta delegación.

Caso de non dar cumprimento en período voluntario ás obrigas derivadas da resolución dictada, verémonos obrigados a iniciar execución forzosa a través do procedemento previsto na normativa sancionadora e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 26 de febreiro de 2002.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe da Área Provincial de Lugo