Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto, por trámitación ordinaria, para a contratación dos traballos de consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico orzamentario do ano 2001 do ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: 4-002037.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico orzamentario do ano 2001 para o ente público Portos de Galicia.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

d) Prazo de execución: 30 días naturais contados desde a formalización do contrato, prorrogables ata o máximo doutros trinta días máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 18.030,36 A (IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 360,61 A.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación: 721,21 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, praza de Europa, 5A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 58 45 03.

f) Páxina WEB; enderezo na Internet; http://www.xunta.es//contratación/resultado.asp.?N=1.059

g) Data límite de obtención de documentos e información: a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: especificados no prego de clausulas particulares e de prescripcións técnicas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas particulares e de prescricións técnicas do concurso.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificados no número 6.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó día de finalización do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 9 horas do seguinte día hábil.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia