Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2002 pola que se sinalan as datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa seguido para a construcción do Centro de Documentación e Arquivo, e mellora dos accesos, circulación e comunicación nos campus de Elviña e A Zapateira da Universidade da Coruña.

Este expediente de expropiación forzosa, seguido polo procedemento de taxación conxunta, aprobouse por Resolución do director xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 29 de xaneiro de 2002.

De conformidade co artigo 146 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida, producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8, do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento, para a definitiva fixación do prezo xusto.

De conformidade co artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, o pagamento do prezo xusto soamente se fará efectivo a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor, na que conste que se expediu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou do Rexistro de Propiedade, referida ó mesmo predio descrito nos títulos, conforme o artigo 206 do citado Regulamento de xestión urbanística. Se o expropiado non quixese acepta-lo prezo xusto, ou non achegase títulos suficientes, xustificativos do dominio, ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, a Administración consignará o importe do prezo

xusto, na Caixa Xeral de Depósitos. Non se admitirá representación se non é por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou particular para este caso, e deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu defecto, polo coñecemento directo que testifiquen o alcalde ou o secretario do Concello.

De conformidade co artigo 55.1º do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, expedirase acta de ocupación da cousa ou dereito expropiados a continuación da de pagamento ou consignación. Para proceder ó levantamento das actas de ocupación, deberán asisti-los titulares persoalmente, ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, con poder suficiente, do cal presentará copia, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo do imposto sobre bens inmobles, podendo asistir acompañado pola súa conta, se o coida oportuno, dos seus peritos ou de notario.

En consecuencia, convócanse e cítanse os titulares dos bens e dereitos afectados por este expediente, para proceder ó levantamento das actas de pagamento e ocupación, que terán lugar no Rectorado da Universidade da Coruña, na rúa da Maestranza, s/n, na Sala de Comisión número 2, situada no primeiro andar.

Pagamento: o pagamento terá lugar nas seguintes datas:

* Día 28 de maio de 2002, ás 10 horas: predios 1 ó 15, ambos inclusive.

* Día 29 de maio de 2002, ás 10 horas: predios 15-A ó 32, ambos inclusive.

Ocupación: as actas de ocupación levantaranse na mesma data e a continuación das correspondentes actas de pagamento.

Esta resolución notificaráselles a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e será publicada no taboleiro de edictos do Concello, servindo de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou ben, tramitada a notificación, non se puido realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

Nº predioTitularesSup. mValoración A

1 e 2Rogelio Jaspe Otero e Juana Catoira Bermúdez2.113108.848,34

3Africa Vázquez Rojo e outros96449.659,16

4Luis González Taboada96449.659,16

5Avelino Uzal González e outros96449.659,16

6Josefa González González57429.568,83

Nº predioTitularesSup. mValoración A

7Luis Doldán González44422.872,06

8Amparo Seijas González e outro3.177163.658,86

9Antonia Caridad Pedreira75638.944,32

9-ADolores de la Iglesia Blanco378 19.472,16

10María Suárez de la Iglesia37819.472,16

11Germán Canosa Teijido e outro75738.995,83

12Ramón Rivas Seoane e outros64833.380,84

13Descoñecido64333.123,28

13-AVicente Martínez Ramallo e outros44624.005,36

14Juan Veira Fernández39520.347,89

14-ADolores Couto Blanco33217.102,53

14-BAlida Ponte Pedreira22211.436,03

15Manuel Gómez Portela8.386434.517,71

15-ADescoñecido1819.323,97

16Dolores Fernández Pérez2.124109.414,99

17J. Ángel Regueira Suárez1457.469,48

18Mª Luz Gómez Núñez e outros22311.487,54

19José Fernández Fernández e outros48324.881,09

20Antonio Jaspe López e outro1148.712,34

21Luis Orgeira García29319.945,94

22M. Eladio Camino Tojo3055.084,86

23Camilo Iglesias Méndez e outros1.75090.148,89

24M. Josefa Pérez Brañas2.513129.453,80

25M. Carmen Capelán Pardo e outro76033.548,56

26 e 27José Rodríguez Carbón37716.641,85

28Amalia Fernández García e outro23510.373,57

29José A. Rumbo Veira e outro2229.799,71

29-AFernando Blanco Pardo e outro582.560,28

30Carmelo Seoane Martín e outro1737.636,71

31Miguel Méndez Castro28812.713,14

32Dolores López Zapata50022.071,42