Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. polígono I-polígono III-
r/ Tomás Paredes-r/ Porriño.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 290 m de lonxitude, con conductor tipo
R.H.V., desde o C.T. polígono I, alimentando en bucle os CC.TT. polígono V e polígono IV, rematando no empalme coa liña BAL 7.18, á altura do C.T. polígono III, no concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 7 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra