Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación do servicio de xestión de viaxes do persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 8/2002).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación do servicio de xestión de viaxes do persoal do Igape (C.P. 8/2002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela; tfno.: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP 8/2002.

2. Obxecto do contrato:

Contratación do servicio de xestión de viaxes do persoal do Igape.

Prazo de vixencia: dous anos desde a sinatura do contrato, prorrogable por acordo expreso das partes por dous anos máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: cento setenta e tres mil euros (173.000 A), IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (3.460 A).

6. Clasificación: clasificación como empresa consultora ou de servicios no grupo III, subgrupo 8 e categoría A.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina web: www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á aper

tura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica