Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que publica a declaración de impacto ambiental do 11 de marzo de 2002 do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Fene (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Fene.

Antecedentes

O Real decreto lexislativo 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, estipula que os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización de obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II, deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, e con data do 16 de marzo de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificouno como sometido a avaliación de impacto ambiental.

O proxecto ten como obxecto a clausura e selaxe do vertedoiro de Fene, localizado no lugar denominado O Cal do Foxo, parroquia de Sillobre, co fin de recupera-la zona degradada e reduci-los efectos negativos sobre as augas superficiais e subterráneas afectadas pola súa presencia.

No vertedoiro atópanse principalmente residuos urbanos soterrados sen pretratamento de incineración, aínda que parte deles se atopan incinerados. Tamén existen residuos voluminosos procedentes de electrodomésticos, mobles vellos e verteduras incontroladas de entullos de obra, terra, madeiras, etcétera. O volume destes residuos no momento da redacción do proxecto estímase nuns 60.644 m, prevéndose que no momento da súa clausura se acaden os 70.419 m.

Proxéctase a adecuación da masa de residuos para garantir unhas condicións óptimas de estabilidade, para o que é precisa a construcción dun muro de contención, e proceder posteriormente a illa-los residuos acumulados, controlar e xestiona-los gases xerados, controla-las augas superficiais como medida de reducción de lixiviados, captar, controlar e xestiona-los lixiviados mediante a construcción dun

depósito de lixiviados e dunha unidade de depuración para o seu tratamento, e recupera-la calidade paisaxística da zona ocupada polo vertedoiro.

Na rexeneración proponse realizar unha sementeira de herbáceas e unha hidrosementeira de noiros coas seguintes especies: Agropyrum cristatum, Festuca rubra (festuca encarnada), Festuca arundinacea, Trifolium repens (trevo branco), Lolium perenne (xoio) e Bromus inermis. Plantarase ademais Adenocarpus hispanicus (piorno), Cytisus multiflorus sweet (piorno branco), Genista cinerea (xesta) e queiroga como tapizante.

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas preventivas e correctoras consideradas no estudio ambiental presentado.

O estudio ambiental do proxecto de selaxe e clausura do vertedoiro de Fene someteuse ó trámite de información pública, no prazo de 30 días, mediante Resolución do 12 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 128, de 3 de xullo de 2001. O certificado de exposición pública na Delegación da Consellería de Medio Ambiente na Coruña recíbese con data do 9 de agosto de 2001. Tense constancia da presentación de alegacións que se resumen no anexo III.

Con data do 12 de xuño de 2001 consúltanse a Augas de Galicia e á Dirección Xeral de Saúde Pública. O informe emitido pola Dirección Xeral de Saúde Pública recíbese o 29 de agosto de 2001, non tendo constancia da emisión do informe de Augas de Galicia no prazo legalmente establecido, e á vista do tempo transcorrido, procede prosegui-la tramitación de conformidade co artigo 83 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No anexo II resúmese o contido do informe recibido.

En data do 7 de marzo de 2002 recíbese o proxecto modificado, no que se teñen en conta as alegacións, que se teñen en conta tamén, no que procede, no condicionado desta DIA.

Cuberta a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula para os sós efectos ambientais a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Fene, promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Fene.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Fene, a obriga de asumi-lo

mantemento e conservación das obras unha vez recibidas será do Concello de Fene. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental

Examinado o documento proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de RSU en Fene. Tomos I e II. Febreiro de 2002 e tendo en conta o carácter de corrección ambiental das obras, estímase a necesidade de realiza-lo proxecto.

Nembargantes, coa finalidade de optimizar estas medidas e co obxecto de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar ademais das medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas na presente declaración de impacto ambiental, todo isto para cumprir co disposto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación avaliada e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Fene.

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Haberá que aterse ó disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto de 1997), así como ó estipulado, se é o caso, pola ordenanza municipal ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

A maquinaria utilizada na obra cumprirá coa normativa de emisións de aplicación, debendo dispor da documentación acreditativa ó respecto.

O solo deberá ser humectado en caso de que sexa previsible o levantamento de po debido á acción da maquinaria e movementos de terra. En todo caso, vixiarase que esta operación de rega non favoreza un incremento na producción de lixiviados.

Durante a adecuación da masa de residuos, e tal e como se indica no proxecto, consideraranse as condicións metereolóxicas, evitando a remoción de residuos en presencia de vento, alta temperatura ou elevada pluviosidade.

Así mesmo, na escavación de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

Controlarase que as emisións dos pozos de extracción de gas non sexan percibidas pola poboación do contorno. Co fin de controla-los posibles olores producidos polas emisións procedentes do vertedoiro, procederase á queima do biogás tal como se considera no proxecto.

4. Sobre as augas

Para a vertedura de efluentes será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia.

Efectuaranse regas para evita-la emisión de po de xeito que se humecte o solo, pero evitarase que se formen anegamentos e regatos.

Terase en conta na execución dos movementos de terras e residuos, que non se impida o libre fluxo da auga, evitando a formación de anegamentos ou doutras formas que dificulten a súa circulación.

Garantirase o adecuado tratamento das augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos.

As augas de escorrega superficial conduciranse a través das canles de intercepción proxectadas, incorporándose ó medio sen producir fenómenos erosivos mediante a colocación de elementos disipadores de enerxía nos puntos de vertedura, tal e como se considera no proxecto.

Realizaranse periodicamente labores de mantemento, co fin de asegura-lo correcto funcionamento dos sistemas de drenaxe de augas pluviais e de lixiviados.

As reparacións e cambios de aceite da maquinaria móbil realizaranse en talleres autorizados.

5. Sobre o solo.

De maneira previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de maneira que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio e restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

Queda expresamente prohibido depositar calquera tipo de residuo fóra da superficie delimitada para o vertedoiro.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante, xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexislación vixente. Os residuos almacenados temporalmente á espera da súa entrega ó xestor autorizado, deberán poñerse en contedores localizados nun lugar debidamente sinalizado.

Os materiais precisos para a adecuación e selaxe do vertedoiro deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

6. Sobre a restauración.

A mestura de sementes que se vaian utilizar na revexetación deberá estar formada por especies presentes na zona, considerándose necesaria a substitución do Agropyrum cristatum e Bromus inermis por outras especies do seu xénero propias da zona de localización do vertedoiro.

Ademais deberá asegurarse a viabilidade da plantación proposta a base de hedra, ou, se é o caso, substituíla por outras especies autóctonas da zona.

Ata asegura-la viabilidade da sementeira, procederase á rega regular e ó fertilizado mineral de reforzo anual, e á resementeira das superficies nas que se aprecie a presencia de calvas.

7. Sobre a protección e control de accesos.

Adoptaranse as medidas precisas para evita-la aparición de focos de vertedura, tanto na fase de adecuación e selaxe como na fase postclausura.

O peche perimetral deberá asegura-la súa función en todo momento.

8. Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras consideradas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Así mesmo, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódalas incidencias que se produzan, rexistraranse no momento da súa avaliación nun libro-rexistro que estará á disposición da administración competente. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes que se van remitir a esta Dirección Xeral.

As analíticas que se van realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar así mesmo a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse por duplicado perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos, comprendendo, como mínimo, os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:500 dotado de coordenadas UTM, no que se localicen os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control. Este plano acompañarase de relación de coordenadas UTM que defina o perímetro da parcela.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

d) Documentación acreditativa da entrega ó xestor autorizado dos residuos xerados durante a obra, que non puidesen ser obxecto de depósito no vertedoiro.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como a memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura. Ademais, definirase o res

ponsable do control ambiental requirido no punto 9.2 desta declaración.

8.2. Informe de seguimento ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, contado desde o final das obras e ata que esta dirección xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no punto 5 do anexo 13. Estudio do impacto ambiental do vertedoiro de Fene e dos traballos para a súa clausura, debendo incluír ademais a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da entrega dos lodos da depuradora ó xestor autorizado.

b) Analítica nos lixiviados dos seguintes parámetros: pH, conductividade, sólidos en suspensión totais, D.Q.O., DBO, fósforo, sulfatos, nitróxeno total Kjeldhal, amonio, nitratos, cloruros, ferro, cinc, cobre, aceites e graxas.

c) Analítica do efluente tratado á saída da depuradora tendo en conta que os límites de vertido serán os da táboa 3 do anexo ó título IV do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e non os da táboa 1 como se recolle nalgún punto do proxecto.

d) Reportaxe fotográfica da superficie selada e revexetada, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, do peche perimetral e da eficacia do sistema de disuasión de verteduras. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

Se durante o período de control postclausura se producise unha variación significativa na calidade dos lixiviados, ou un incremento importante na súa producción, ou se se detecta que o tratamento dos lixiviados non resulta suficiente, deberá notificarse inmediatamente á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control postclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modifica-la lista dos parámetros que hai que controlar, así como a frecuencia dos controis que hai que realizar.

9. Condicións adicionais.

9.1. O Concello de Fene poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas, permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada a presente declaración. Unha vez

recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó concello o acordo adoptado.

9.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o Concello deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada, deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

9.4. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental, poderá paralizar cautelarmente a obra ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

9.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

9.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial, das condicións impostas nesta DIA, poderán ser causa suficiente para proceder a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.7. A presente resolución adoptada por esta dirección xeral, non exime ó promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

9.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2002.

José Luis Díez Yánez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resumo do proxecto

Localización e descrición do vertedoiro

LocalizaciónO Cal do Foxo, concello de Fene

Superficie da parcela26.000 m

Superficie ocupada por residuos19.500 m

Volumen de residuos actual60.644 m

Volume de residuos que se van selar70.419 m

Tipos de residuosRSU, algúns incinerados, voluminosos (electrodomésticos, mobles vellos...), vertidos incontrolados de entullos de obra, terra, madeiras...

Tipo de vertedoiroTipo noiro

Uso do vertedoiro27 anos

Situación actual e situación prevista coa realización do proxecto

Situación actualProxecto

LixiviadosFondo ImpermeabilizadoNon, terreo naturalNon, terreo natural

Drenes lixiviadosNonSi

Captación de lixiviadosNon Balsa cuberta

TratamentoNon, vertido directo EDAR

GasesDrenesNonSi

Captación Non4 pozos de captación e 1 antorcha

TratamentoNonNon

PluviaisFoxos de recollida perimetral NonSi

Punto de vertidoNonÓ medio

CubertaLámina/Capa impermeableNonSi

Terra vexetalNon30 cm

VexetaciónNonSi

EstabilidadePendente do noiro de lixo1,5H:1V2,5H:1V

AccesosPosibilidade de accesoSiNon

Vixilancia ambientalPlan de vixilancia ambientalNonSi

Componentes do sistema de selaxe

Superficie do vertedoiro

Capa de acondicionamento25 cm

Protección da capa de impermeabilizaciónXeotéxtil antipunzamento de 385 g/cm

Capa de impermeabilizaciónLámina de PEAD de 2 mm de espesor

Capa de drenaxeXeodrén

Capa de cobertura20 cm de solo non seleccionado e 30 cm de terra vexetal

Resumo das medidas correctoras

-A maquinaria empregada durante a fase de selaxe deberá cumprir coa lexislación vixente en materia de gases e ruídos de vehículos de motor. No caso de que non se cumpran os límites legais serán inmediatamente substituídas.

-Existencia dun sistema de captación e destrucción de biogás.

-Construcción dun depósito de lixiviados e dun sistema depurador para o seu tratamento.

-Sistema de confinamento dos residuos que evitará o seu contacto coas augas pluviais.

-Recuperación da cuberta vexetal con plantación de arbustos e hidrosementeira de especies colonizadoras.

-A fase de colocación dos residuos levarase a cabo en condicións metereolóxicas adecuadas.

-Control da estabilidade das zonas seladas.

-Realización do plan de seguimiento e control ambiental.

ANEXO II

Resumo do informe recibido

A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe no que manifesta que, estudiado o expediente remi

tido, e sen detrimento das competencias propias doutros organismos oficiais, esta dirección xeral emite informe favorable para a clausura e selaxe do vertedoiro.

ANEXO III

Resumo das alegacións de carácter ambiental

O Concello de Fene, en sesión ordinaria do día 2 de agosto de 2001, adoptou o seguinte acordo:

-Presentar como alegacións ó estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Fene (A Coruña), as contidas no informe do enxeñeiro municipal de data 18 de xuño de 2001, engadindo ademais que o proxecto deberá cumprir toda a normativa comunitaria aplicable e que as obras deben considerarse de máxima urxencia.

O citado informe conclúe que a solución debería ser revisada nos seguintes puntos:

-Modificación da ocupación final, eliminando o muro de pé inferior.

-Reducción do volume do depósito de lixiviados e das características da EDAR, que se consideran sobredimensionadas.

-Reestudio do grosor da capa superior de terra en relación coa especie de mellor implantación.

-Substitución da Hedera helix por especies máis acordes coa zona.

-Reestudio da solución proposta para a evacuación do biogás, á vista do reducido do caudal que se extraerá.

-Reestudio dunha solución de minimización dos efectos da escorrega superficial por arrastres augas abaixo.