Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002 pola que se corrixe erro material na do 8 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración de material de oficina consumible para o Instituto Galego de Promoción Económica.

Con data do 8 de marzo de 2002 foi dictada pola directora xeral do Igape resolución pola que se anunciaba concurso público aberto para a contratación da subministración de material de oficina consumible para o Igape.

Detectado erro material na citada resolución, en concreto no número de expediente, onde di: «C.P. 6/02», debe dicir: «C.P. 3/02».

Polo exposto, en aplicación do artigo 105.2º da Lei 30/1992, de procedemento administrativo e en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape de data 30 de marzo de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril),

ACORDO:

A corrección do erro material contido na resolución pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración de material de oficina consumible para o Igape no sentido de que, onde di: «C.P. 6/02», debe dicir: «C.P. 3/02».

A presente corrección non implica ampliación dos prazos concedidos para presentación de ofertas e celebración de mesas, computándose estes a partir da publicación do anuncio de concurso público do DOG nº 67, do luns 8 de abril de 2002.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica