Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da instalación do parque eólico de Queixa. (Expediente IN661A 01/8-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do parque eólico de Queixa, coas seguintes características básicas:

Denominación: parque eólico de Queixa.

Solicitante: Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A.

Domicilio: r/ Sáenz Díez, nº 43 entrechán, 32003 Ourense.

Situación: terreos situados nos concellos de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso (Ourense).

Delimitación, superficie e potencia: as coordenadas UTM(m) do polígono que delimita a zona de implantación son:

PuntoUTM-xUTM-y

1645.2954.671.623

2644.0954.672.626

3643.4244.672.713

4643.0544.673.102

5642.1594.673.351

6641.9014.673.648

7641.2064.673.944

8640.3544.673.142

9641.7374.671.926

10642.3654.672.641

11642.7454.672.557

12643.1354.672.146

13643.8444.672.053

14644.9324.671.145

15640.8014.674.215

16640.3024.675.057

17639.7794.675.231

18639.2694.675.616

19638.1144.675.447

20636.8464.674.659

21637.9084.673.979

22638.8094.674.538

23639.6854.674.630

24639.9884.674.529

25640.3744.673.947

26639.4604.670.674

27638.7994.671.873

28637.4294.672.643

29636.5214.672.914

PuntoUTM-xUTM-y

30635.6164.674.026

31635.0424.674.272

32634.7514.674.034

33634.9584.673.044

34635.6714.672.466

35637.2104.672.076

36638.3604.671.426

37638.9364.670.383

Superficie: 1.183,43 ha.

O parque eólico disporá dun conxunto de 66 aeroxeradores de 750 kW de potencia unitaria, o que suma unha potencia bruta total de 49,5 mW.

Alegacións; solicitudes en competencia:

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, as que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 18 de setembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense