Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Arcos, no concello de Ponteareas (provincia de Pontevedra), por parte de Canteras Hermanos Esvaz, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Canteras Hermanos Esvaz, S.L., con domicilio en Arcos, Baceira, 30, Ponteareas, presentou nesta delegación provincial, o día 24-10-2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Arcos de 15 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra, e que lle corresponden o número 2980, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

18º 29' 40''42º 12' 00''

28º 29' 20''42º 12' 00''

38º 29' 20''42º 11' 40''

48º 29' 00''42º 11' 40''

58º 29' 00''42º 11' 20''

68º 28' 40''42º 11' 20''

78º 28' 40''42º 12' 00''

88º 27' 40''42º 12' 00''

98º 27' 40''42º 11' 00''

108º 29' 40''42º 11' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación

provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 20 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra