Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S.-C.T.C. Fixo.
Situación: Teo.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 230 metros de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al, coa orixe na L.M.T. existente entre os CC.TT. Balcaide e Galanas-Elis e final no C.T. prefabricado de 160 kVA en Fixo. Concello de Teo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 12 de marzo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña