Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.291

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (99/2001).

Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, certifico que nos autos de divorcio que neste xulgado se seguen baixo o nº 99/2001 dictouse sentencia cun encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte:

«Sentencia nº 19/2002.

Negreira, catorce de marzo de dous mil dous.

Ana Rodríguez Piorno, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Negreira, dictou esta resolución nos autos do xuízo de divorcio nº 99/2001 seguidos por este xulgado, nos que é demandante María Candelaria González Guzmán, representada polo procurador José Ramón Caamaño Frade e asistida pola letrada Josefa Matilde Santiago Doval, e demandado José Manuel Domínguez Cobas, en situación procesual de rebeldía; é parte o Ministerio Fiscal.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Candelaria González Guzmán contra José Manuel Domínguez Cobas, decretando a disolución do matrimonio formado por estes.

Establécense as seguintes medidas:

1. A garda e custodia das fillas, María Inmaculada, María Desiré, María Isabel e Ana Jaqueline atribúeselle á nai, compartindo ambos proxenitores a patria potestade.

2. O pai aboará, en concepto de alimentos para as súas fillas, a suma de 90,15 euros mensuais por cada unha delas, pagadoiros na conta bancaria que a nai designe, unha suma que será actualizada o día 1 de xaneiro de cada ano de acordo coa certificación do IPC expedida polo organismo competente.

Así mesmo, o pai contribuirá por metade a satisface-los gastos extraordinarios das súas fillas, tales como os de odontólogo, ortodoncia, lentes, próteses, atencións especiais ou longas enfermidades e gastos médico-hospitalarios e farmacéuticos para o suposto de non encontrarse cubertos pola Seguridade Social, logo de oportuna xustificación.

3. Quedan revogados os consentimentos e poderes que puideran outorgarse ós cónxuxes.

4. Queda disolto o réxime económico matrimonial de gananciais.

Líbrese oficio ó Rexistro Civil de Arona-Tenerife, para que este proceda á inscrición marxinal da sentencia de divorcio.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes e ó Ministerio Fiscal.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 5 días desde a súa notificación.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado José Manuel Domínguez Cobas, que se encontra en ignorado paradoiro, expido este edicto en Negreira o catorce de marzo de dous mil dous.

Rubricado