Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.292

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (218/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 218/2001, por instancia de Luis López López contra Tejuma, S.A. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 15-3-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Luis López López contra a empresa Tejuma, S.A. condeno á esta a aboarlle a cantidade de 1.440,48 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifícaselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tejuma, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña o 15 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado