Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.267

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo para os anos 2001 e 2002.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo do sector la lousa das provincias de Ourense e Lugo, subscrito polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, e pola Asociación Gallega de Pizarritas e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Acta

En Sobradelo de Valdeorras, o dezaoito de xaneiro de dous mil, reunida a comisión negociadora do convenio colectivo de traballo do sector da lousa de Ourense e Lugo 2001-2002, co obxecto de aplicar, se procede, a revisión do índice de prezos ó consumo (IPC) do ano 2001 e en función del, aplica-lo incremento salarial para o ano 2002 e composta pola parte social, polas seguintes persoas:

Por CC.OO.:

Ángel León Prieto.

Manuel Fernández García.

José Rodríguez Fernández.

Por UGT:

José Luis Casar Enríquez.

Alfonso Álvarez Ramos.

Pola CIG:

Adriano Fernández Brito Ferreira.

Pola parte empresarial, en representación da Asociación Gallega de Pizarristas:

Jesús Vidal Corcoba.

Manuel Fernández Blanco.

Santiago Vázquez León.

Rogelio López Rodríguez.

Herminio Blanco remesal

e Bernardino Borrajo Delgado.

ACORDAN:

1º Coñecida a taxa anual do índice de prezos ó consumo (IPC) o día 31 de decembro de 2001, que foi do 2,7%, en virtude do estipulado no artigo 12º do referido convenio colectivo, non procede aplicar revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2001, ambos inclusive.

2º En virtude do disposto no artigo 13º do mencionado convenio colectivo, aplícase un incremento salarial do 3,5%, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2002, ambos inclusive.

3º Tódalas cantidades que no citado convenio constan en pesetas substituiranse automaticamente polo seu valor en euros, con independencia de que conste ou non expresamente o seu valor en euros no anexo á presente acta.

4º Establecer como anexo a táboa salarial para o período indicado no acordo segundo precedente.

5º Facultar a Severino González Álvarez para presentar ante a autoridade laboral competente a documentación que esta esixa, para os efectos sinalados no artigo 90 do Estatuto dos traballadores; así como para realizar todas aquelas xestións que procedan para tal fin.

E en proba de conformidade con todo o seu contido, asinan esta acta, en unión do seu anexo, no lugar e data do encabezamento.

Notas: os salarios establecidos no grupo 5º para fendedor, cortador, embalador e descargador de carros aplicaranse a aqueles traballadores que leven seis meses no desempeño do oficio, ata tal data o seu salario será o establecido para auxiliar de oficios. Así mesmo, o salario establecido para o labrador aplicarase a aqueles traballadores que leven máis de dous anos no desempeño do oficio, xa que ata un ano o seu salario será o establecido para un cortador e de un a dous anos o seu salario será o seguinte: salario base: 21,91 euros, complemento de asistencia: 9,25 e salario/mes: 851,55 euros.

O establecido neste punto sobre salarios leva consigo a aplicación dos respectivos grupos de cotización á Seguridade Social, en función do mesmo.

Os traballadores menores de 17 anos e os de 17 anos terán, respectivamente, os salarios seguintes: salario base: 20,43 e 20,62 euros, complemento de asistencia: 1,78 e 2,70 euros, salario/mes: 650,28 e 675,30 euros.

Outras contías incluídas en convenio expresadas en euros.

-Axudas de custo:

Media: 8,41.

Completa: 15,51.

-Prima casado: 90,15.

-Indemnizacións:

G. inval ou inc. absol: 30050,61.

Inc. perm. total: 24040,48.

Morte: 27.045,54.

Táboa salarial convenio colectivo lousa 2001/2002 en euros

Grupo profes.Sal. base/

/día

Plus asis.

D/T

Salario/mesG.C.

G 1Licenciados22,8213,72972,721

Enx. superiores22,8213,72972,721

Enx. técnicos22,7513,44964,742

Graduados sociais22,7513,44964,742

Topógrafo22,7513,44964,742

Dtres. áreas e serv.22,6613,01953,013

Delineante22,6312,78947,283

Práctico topógrafo22,3511,45910,954

Axte. delineante22,3511,45910,954

G 2Tec. admón22,6312,18947,285

Oficial advo. 1ª22,5212,35934,955

Oficial advo. 2ª22,3511,45910,955

Auxiliar advo.22,2210,76892,567

G 3Encargados22,3511,45910,953

Mecánicos22,2210,76892,568

Electricistas22,2210,76892,568

Soldadores22,2210,76892,568

Fontaneiros22,2210,76892,568

Albaneis22,2210,76892,568

Aux. oficios21,617,71810,2110

G 4Encargados22,3511,45910,953

Chofer22,2210,76892,568

Conductor excavadora22,2210,76892,568

Barrenista/art.22,0810,06873,668

Aux. oficios21,617,71810,2110

G 5Encargados22,3511,45910,953

Guindastristas22,0810,06873,668

Serrador22,0810,06873,668

Labrador22,0810,06873,668

Fendedor21,778,49831,399

Cortador21,778,49831,399

Embalador21,778,49831,399

Desc. carros21,778,49831,399

Aux. oficios21,617,71810,2110

Antigüidade:-Bienio: 16,68.-Quinquenio: 25,36.