Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.268

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, complementaria da do 14 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2002, correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo concello de Corcubión e polo concello de Vedra, da provincia da Coruña e realizadas -por petición dos concellos- as oportunas rectificacións pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, cómpre face-las correspondentes rectificacións na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 229, do 27 de novembro de 2001. Así, no anexo I, provincia da Coruña:

-Na páxina 15.135, onde di: «29. Corcubión: 29 de xuño, San Pedro; 24 de setembro, As Mercedes», debe dicir: «29. Corcubión: 25 de abril; 24 de setembro, As Mercedes».

-Na páxina 15.136, onde di: «90. Vedra: 16 de setembro, Día do Patio; 10 de decembro, Santa Baia», debe dicir: «90. Vedra: 23 de setembro, Día do Patio; 10 de decembro, Santa Baia».

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE