Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Lugo, na sesión ordinaria que tivo lugar o día trece de marzo de dous mil dous, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de actuación CS-19 (Catasol), por solicitude de José Antonio Vázquez López, en nome e representación da xunta de compensación da unidade de actuación CS-19.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla número 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 25 de marzo de 2002.

Vicente Pérez-Carro García

Secretario xeral en funcións

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de alcaldía