Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal na avenida de Galicia, número 99.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 27 de marzo de 2002 adoptou o seguinte acordo:

«1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal na avda. de Galicia, nº 99, redactado pola arquitecta Xulia Cortizas Díaz, de maio de 2001, tramitado por instancia de Francisco Durán Montero.

2. Que se proceda á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, debendo publicarse tamén neste último o documento que contén a normativa e as ordenanzas, tal como preceptúa o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

3. O presente acordo comunicaráselle o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó que se lle dará traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con tódolos planos e documentos que integran o plan, debidamente dilixenciado polo secretario do concello».

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Mugardos, 3 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado