1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Betanzos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: adquisición mediante arrendamento financeiro dunha varredoira aspiradora para limpeza de vías públicas.
b) Prazo de entrega: 1 mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
117.197,36 euros, IVE incluído.
5. Garantías:
Provisional: 2% do orzamento.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de información e documentación:
a) Entidade: Concello de Betanzos.
b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.
c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.
d) Teléfono: 981 77 65 25.
7. Requisitos específicos do contratista:
Os que constan no prego de condicións administrativas xerais.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP, segundo sexa o último publicado, finalizando ás 14.
b) Documentación que hai que presentar: a que consta no prego de condicións administrativas xerais.
c) Lugar de presentación:
1º Entidade: Concello de Betanzos.
2º Domicilio: praza de Galicia, nº 1, edificio Liceo.
3º Localidade e código postal: Betanzos, 15300.
d) Prazo durante o que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: 3 meses.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Concello de Betanzos-Secretaría Xeral.
b) Domicilio: praza de Galicia, nº 1.
c) Localidade: Betanzos.
d) Data: terceiro día hábil seguinte ó prazo de licitación, pasando a luns de coincidir en sábado.
e) Hora: 12 horas.
10. Gastos dos anuncios:
Por conta do adxudicatario.
Betanzos, 3 de abril de 2002.
Manuel Lagares Pérez
Alcalde-presidente