Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de subministracións, polo procedemento aberto, para a subministración dun esterilizador de vapor e dotación do equipo (Plan de Necesidades 2002) (referencia C. 164/2002) e subministracións sucesivas, polo procedemento aberto -plurianual-, para a subministración de material para mostra e residuo e de circuítos respiratorios (referencias C. 29 e 33/2002).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

Nº referencia expediente: C. 164/2002.

Obxecto: subministración de 1 esterilizador de vapor e dotación do equipo (Plan de Necesidades 2002).

Orzamento total: 54.000 E.

Garantía provisional: 1.080 E.

Nº referencia expediente: C. 29/2002.

Obxecto: subministración de material para mostra e residuo.

Orzamento total: 103.188 E.

Garantía provisional: 2.063,76 E.

Nº referencia expediente: C. 33/2002.

Obxecto: subministración sucesiva de circuítos respiratorios.

Orzamento total: 104.370 E.

Garantía provisional: 2.087,40 E.

1. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de subministracións (C. 164/2002) e subministracións sucesivas (C. 29 e 33/2002).

2. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: admítese ata unha variante, ademais da oferta base, soamente no concurso C. 164/2002; nos restantes, é dicir, C. 29 e 33/2002, non se admiten variantes.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, e días laborables desde as 9 ás 14 horas (teléfono: 981 17 80 73; fax: 981 17 80 32) ou a través da páxina web do Sergas: http://www.serga.es

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 5 de abril de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña