Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2002 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Corcontrol, S.A., con domicilio no polígono industrial San Cibrao das Viñas, C/4, P-21, 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da dirección técnica de construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLVEU:

Concede-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control da Calidade da Construcción a Corcontrol, S.A., con domicilio no polígono industrial San Cibrao das Viñas, C/4, P-21, 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

HF Área de control de formigón fresco co número 15066HF02.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do laboratorio Corcontrol, S.A., inscrito co número 15027HA92.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo